• 検索結果がありません。

SANTIAGO ANO 2000

N/A
N/A
Protected

Academic year: 2022

シェア "SANTIAGO ANO 2000"

Copied!
4
0
0

読み込み中.... (全文を見る)

全文

(1)

CONVOCATORIA:

CONCURSO DE ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO

SANTIAGO ANO 2000

Como xa sabedes a Unión Matemática Internacional proclamou o ano 2000 como ANO MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS na declaración de Río de Janeiro de 1992. No ano 1997 a UNESCO acordou apoialo e patrocinalo. A esta conmemoración fóronse sumando distintas Institucións Públicas (Parlamentos, Universidades, ...).

Co gallo desta celebración presentamos este concurso que vai na liña dun dos obxectivos marcados na Declaración do 1992 que é a de acadar unha maior presencia das Matemáticas no conxunto da Sociedade e por tanto tratar de darlle un impulso ó seu ensino.

PROBA

- Consistirá en traballar en equipo 10 actividades, maioritariamente manipulativas, que abarcarán distintas ramas da Matemática impartida tanto nos distintos ciclos de Secundaria como nos Bacharelatos .

- Para superar estas actividades necesitarase utiliza-la intuición, exploración, planificación e reconto, decisión e revisión do camiño a seguir, utilización de coñecementos previos, deducción,...., recursos nos que se fundamenta o ser e o proceder das Matemáticas.

- A proba celebrarase o día 4 de maio, no casco vello da cidade (Obradoiro ou Quintana), de 10 a 12 horas.

BASES:

- Cada Centro de Ensino Secundario Público de Santiago e arredores que se inscriba presentará un equipo de 6 alumnos, dous de cada ciclo de Secundaria e dous de Bacharelatos (no caso de non ter Bacharelatos tres de cada ciclo de Secundaria, e no caso de non ter ESO repartiríanse os 6 entre os cursos que se imparten). Dous profesores do Centro acompañarán a cada equipo.

(2)

- O equipo terá a súa disposición unha mesa de traballo xunto co material necesario.

- Os profesores acompañantes de cada equipo permutaranse, facendo labores de control e recollida de resultados con outros equipos, polo que en cada mesa estarán dous profesores dun Instituto distinto do do equipo.

- Formarase unha comisión avaliadora de 5 profesores.

- En cada equipo un dos participantes actuará tamén como portavoz, sendo o único interlocutor válido cos profesores da mesa e cos da comisión.

- En cada mesa colocarase un panel informativo, ou similar, que constará de:

o Enunciado de cada actividade.

o Puntuación parcial e total da mesma

- O concurso terá unha duración de 2 horas exactamente.

- A puntuación e resolución da comisión avaliadora non será cuestionable.

- Calquer comportamento considerado inapropiado de calqueira dos compoñentes levará á descalificación do equipo participante.

- Para formar a comisión avaliadora e da-las instruccións pertinentes xuntarémonos todos ás 9 h., no lugar de celebración do concurso.

PREMIOS:

- O equipo gañador recibirá un premio en vales do Corte Inglés por valor de 60000 pts e un trofeo para o Centro.

- O segundo clasificado recibirá un premio en vales do Corte Inglés por valor de 42000 pts e trofeo.

- O terceiro un premio en vales do Corte Inglés por valor de 30000 pts e trofeo.

- Entregarase un diploma a tódolos participantes.

INSCRICIÓN:

- Os Centros participantes deberán cubrir a folla de inscrición, que se adxunta, e remitila o seguinte enderezo:

Xosé Lozano Alvariño

IES XELMIREZ-I R/ POZA DE BAR S/N 15705-SANTIAGO - A data límite de inscrición será do 14 de abril de 2000.

(3)

Dada a magnífica oportunidade que se nos presenta para reivindicar, de tódalas maneiras posibles, un maior apoio para as Matemáticas (máis horas semanais de clases, máis medios,..) co fin de correxir o analfabetismo matemático cada vez máis enquistado na Sociedade pregamos ós compañeiros/as de Santiago e arredores seleccionen o equipo que represente óseu Centro e dous deles o acompañen a concursar o día 4 de maio.

A COMISIÓN ORGANIZADORA

Comité Galego Ano Mundial das Matemáticas

ENTIDADES COLABORADORAS:

Facultade de Matemáticas

Vicerrectorado de Extensión Cultural

Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional

(4)

FOLLA DE INSCRICIÓN

Enderezo completo do Centro...

Teléfono de contacto...

Nomes dos profesores/as acompañantes:

1.- ...

2.- ...

Nome dos alumnos/as:

1º ciclo da ESO 1.-... Curso...

ou similar

2.-...Curso...

2º ciclo da ESO 1.-...Curso...

ou similar

2.-...Curso...

Bacharelatos 1.-...Curso...

ou similar

2.-...Curso...

D/Dona...Director/a do Centro ...de...

autorizo a participar ao citado equipo no CONCURSO DE ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO INTERCENTROS SANTIAGO 2000 organizado con motivo do ANO MUNDIAL DAS MATEMÁTICAS e certifico que o curso ó que pertencen os alumnos é o correcto nos 6 casos.

...a...de ...de 2000.

O Director/a Os Profesores/as O alumno/a portavoz acompañantes

参照

関連したドキュメント

S i A es el ideal de los operadores compactos, entonces h A es la medida de no compacidad de Hausdorff [2] y si A es el ideal de los operadores d´ebilmente compactos, se tiene que h A

A partir de esta construcci´ on y otros resultados de tipo categ´ orico, se obtiene que para cada prehaz P de espacios uniformes separados existe una flecha universal de este prehaz

En este trabajo se presenta una aplicación del método propuesto por Fra- ley & Raftery (2002) para la obtención de grupos de municipios de Venezuela a partir de un conjunto

Se presenta una s´ıntesis de las principales caracter´ısticas que se in- cluyen al realizar un an´alisis del proceso de Galton-Watson: el tiempo de extinci´on del proceso,

El llamado Sistema de tabulaci´ on para calcular coeficientes de binomios o M´ etodo celestial o Tri´ angulo aritm´ etico o Rect´ angulo de Tartaglia o Tri´ angulo de Pascal es uno

A pesar de que la simulaci´on se realiz´o bajo ciertas particularidades (modelo espec´ıfico de regla de conteo de multiplicidad y ausencia de errores no muestrales), se pudo

Cada uno de estos tipos de riesgo tiene sus m´ etodos y formas de medici´ on, algunos estad´ısticos, como el caso de riesgo de mercado en el que se usa la metodolog´ıa value

Dado que se contaba con información disponible 45 meses atrás (enero de 2001 a septiembre de 2004), se propuso una metodología que permitiera estimar la curva típica de demanda